Brooklyn Beckham visitará Ferrol e Narón nunha campaña de Pull&Bear
Inditex fichou ao fillo do futbolista David Beckham e da excantante e deseñadora Vitoria Beckham como nova imaxe da súa marca Pull&Bear.
Inditex fichou ao fillo do futbolista David Beckham e da excantante e deseñadora Vitoria Beckham como nova imaxe da súa marca Pull&Bear. O primeiro que fará o novo 'fichaxe' de Amancio Ortega será visitar a oficina central da firma, no polígono naronés de Río do Pozo.
A #PullandBearhouse, unha sede 'ecoeficiente' de Pull and Bear, é 'o corazón da marca', onde traballan os equipos creativos e comerciais. Precisamente Brooklyn será o encargado de descubrir ao mundo esta recén inaugurada sede de Narón o próximo 22 de setembro.
Trátase dun edificio concibido para integrarse na súa contorna natural e reducir o impacto ambiental grazas á eficiencia no uso da auga, o aforro enerxético, a calidade ambiental do interior ou os materiais empregados, destacan desde a firma.
Antes do seu paso pola sede de Pull&Bear en Narón, Brooklyn Beckham visitará a nova tenda de Pull&Bear na Rúa Real de Ferrol, na cal se comercializan produtos de campañas anteriores a prezos de saldo e está xestionada por xente con diversos graos de discapacidade, grazas a un acordo coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).
Escribe tu comentario