Tres incendios activos en Galicia
Declarada a 'situación 2' como medida preventiva no incendio de Sandiás. O incendio de Laza segue activo e o gran incendio de Entrimo está a estas horas controlado.
A Consellaría de Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a 'Situación 2' no incendio forestal activo agora no concello de Sandiás, pola proximidade do luma ao núcleo de Coalloso.
O incendio iniciouse ás 15:35 horas e permanece activo. No seu control traballan un axente, nove brigadas, cinco motobombas, dous helicópteros e catro avións.
LAZA
Activo un incendio no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba, que comezaba ás 00:25 horas desta madrugada e que, segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 5 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.
ENTRIMO
Permanece controlado desde as 20:30 horas de onte o lume do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que comezou o martes ás 18:46 horas e que tamén afectou o municipio lindeiro de Lobios.
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 2.800 hectáreas, das cales 700 son arborizadas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 60 axentes, 157 brigadas, 80 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais.
Escribe tu comentario