#Claves de la semana

Denuncian a carencia de persoal na nova unidade de ICTUS do CHUAC

O sindicato de enfermería SATSE acusa ao CHUAC de pretender deixar solo a dúas enfermeiras para coidar de 29 pacientes complexos e unha enfermeira soa para ICTUS. 


|

Satsegalicia 1


O Sindicato de Enfermería SATSE vén de denunciar que a recen aberta unidade de ICTUS no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) non ten persoal suficiente para controlar aos pacientes ingresados, como xa adiantara este mesmo colectivo no momento de apertura da unidade, motivo polo que finalmente conseguiron que se aumentase o número de enfermeiras por quenda no mes de agosto a 4 pola mañá, 3 pola tarde e 3 pola noite, decisión que a dirección acaba de botar por terra ao reducir o plantel co cese dunha enfermeira da quenda de mañá.


O sindicato afirma que "para a súa sorpresa" a finais de agosto a dirección informou ao colectivo do cese da cuarta enfermeira da quenda de mañá, co cal dúas enfermeiras se teñen que facer cargo de 29 pacientes e a terceira da unidade de ICTUS. 


Avisan que esta persoa levaría 4 pacientes con ACV agudo (menos de 72h de ingreso) e "se chegase un quinto paciente habería que chamar á supervisora de garda pedindo reforzo", xa que estes pacientes están monitorados e requiren controis exhaustivos, explica Ana Luisa López López, Delegada SATSE A Coruña. 



ELECCIÓNS



Desde o sindicato afirman que, despois dos escritos enviados desde SATSE, conseguiron que a enfermeira que querían eliminar se quede ata o día 15 de setembro, pero o organismo non garante a súa estabilidade senón que cada semana vai "ampliando o contrato un pouco máis", o cal desde SATSE achacan ao desexo de esconder o problema "en época electoral". Aínda así, desde SATSE insisten que o problema segue a ser o mesmo: "a falta de estabilidade e continuidade do persoal de enfermería na unidade de ICTUS" que repercute na profesión e no servizo.


Advirten que é "imposible dar unha asistencia de calidade con tan pouco persoal", ao que hai que sumar que os pacientes da unidade de ICTUS que levan máis de 72 horas ingresados deben ser monitorados por criterio médico en base a un protocolo moi estrito e nestes casos ao pasar eses tres primeiros días, "xa non envían o reforzo e a enfermeira faise cargo de 5 ou 6 pacientes", con todo o que conleva, advirten.




SATSE reclama así un aumento de persoal en lugar de "parches temporais" que repercuten "na saúde dos profesionais e na calidade da atención prestada ao paciente". 






relacionada El sindicato de enfermería recrimina a Feijóo que "ningunee" la petición de reactivar la carrera profesional
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE