Un escravo na Galicia do s. XXI
Un veciño da Pastoriza tiña na súa granxa un empregado sen contrato nin salario e facíao vivir sen luz, auga nin aseos.
A Garda Civil detivo un veciño da Pastoriza (Lugo) por un suposto delito contra os dereitos dos traballadores por ter un empregado de orixe estranxeira sen contrato, sen cobrar salario e que carece de permiso de residencia.
Segundo informou o Instituto Armado, ás 11,00 horas do luns na Pastoriza foi arrestado un veciño do municipio de 30 anos de idade como presunto autor dun delito contra os dereitos dos traballadores.
O detido, propietario dunha explotación gandeira, tiña un empregado na granxa de orixe marroquí sen contrato laboral, sen estar dado de alta na seguridade social, sen cobrar salario e sen permiso de residencia e de traballo, porque lle caducara.
Ademais, a Benemérita indicou que residía nunha vivenda que lle facilitaba o seu xefe na que carecía de auga, luz, aseos e sen portas na dependencias. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.
Escribe tu comentario