Leiceaga: a integración de Podemos “é unha boa noticia para derrotar a Feijóo”
O candidato do PSdeG recoñeceu que a unión “favorece” a Podemos e Marea, pero asegura non terlles medo, e confía en que os socialistas serán “o eixo da alternativa ó PP”
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera que a integración de Podemos Galicia no espazo de En Marea é “unha boa noticia para derrotar a Feijóo” pois evita a “dispersión do voto de esquerdas”.
En declaracións á Radio Galega, Leiceaga dixo que a integración da formación morada en En Marea non lle ocasionou “ninguna sorpresa”. Pese a todo, lamentou que as bases de Podemos e a súa dirección quedasen desautorizadas por “unha intervención dende Madrid”, en referencia á decisión de Pablo Iglesias, expresaba en Twitter.
Leiceaga opinou que esta “inxerencia en temas galegos é unha negación do espírito de participación das bases e da cidadanía que Podemos promete”.
“NON LLES TEMOS MEDO”
O candidato do PSdeG non ve En Marea coma un rival máis forte ca o PSdeG, de feito recordou que nas últimas eleccións xerais lles gañaron en número de votos e de representantes. Pese a recoñecer que a unión “favorece” a Podemos e Marea, asegura non terlles medo, e confía en que os socialistas serán “o eixo da alternativa ó PP”.
Asegurou ademais que os socialistas centrarán a súa campaña electoral na sanidade, o emprego, a educación e os servizos sociais.
Escribe tu comentario