#Claves de la semana

​O PSOE rompe a tradición 'popular' no Castelo de Soutomaior

Levaban desde o 2007 iniciando o curso político no castelo, con Louzán á fronte da institución provincial. Este ano non lles dan a autorización.



|

Soutomaiorcastilloppcampaa


O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, lamentou este venres a decisión da Deputación de Pontevedra, presidida pola socialista Carmela Silva, de non permitir o tradicional inicio do curso político popular no Castelo de Soutomaior, unha decisión que atribuíu ao feito de que ao PSOE "lle amole" o "acto de unidade" do PP fronte ás súas "pelexas internas".


"Supoño que este ano lles amolará especialmente, pensando en que é un acto de unidade en vistas dunhas eleccións, e porque o partido que o prohibe se se caracteriza por algo é por todo menos pola unidade", sinalou Rueda durante un acto en Ourense.


TRADICIÓN


Desde o ano 2007, o Partido Popular iniciou o seu curso político no castelo pontevedrés, onde acudían preto dun milleiro de militantes e membros destacados do partido, entre eles o propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy (que encabezou entre 1983 e 1986 o ente provincial pontevedrés).


Con todo, desde a Deputación de Pontevedra non se deu a autorización para a realización de actos políticos nas instalacións de Soutomaior e sinalouse que este espazo só acollerá os "usos permitidos", como reportaxes fotográficas, vodas, bautizos e comuñóns.


Hai que lembrar que do 2003 ao 2015, a institución provincial estivo encabezada polo 'popular' Rafael Louzán.


Rueda defendeu que a cita de Soutomaior era un acto que "se procuraba facer" buscando non coincidir con outras actividades do castelo e que "nunca houbo ningún problema". Tamén lembrou que "o Castelo de Soutomaior se convertía ese día en referencia e centro da vida política de España".


"Laméntoo e o que podemos facer é acatar esa orde directa da presidenta socialista da Deputación de Pontevedra e buscar outro lugar", sinalou Rueda. Neste sentido, insistiu en que a intención do PP pontevedrés é atopar "outro marco tan bonito e significativo" para que o PP inicie o seu curso político "na provincia de Pontevedra".

relacionada ​Feijóo se lanza a la precampaña sin haber anunciado la fecha electoral
relacionada ​El PPdeG arranca la precampaña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE