#Claves de la semana

​A Muralla de Lugo esconde "un pequeno túnel"

Os traballos que se desenvolven no monumento están a investigar para "coñecer o que realmente hai aí".


|

MurallaLugo


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, desvelou este mércores, durante unha visita á Muralla Romana de Lugo, que se toparon "cunha pequena sorpresa" nun tramo do monumento, concretamente no cubo seis, onde foi localizado "un pequeno túnel".


"En certa medida fálanos dun monumento que, estando moi vivo, depáranos sorpresas todos os días", dixo o conselleiro, que está á espera dos resultados que se obteñan do dito descubrimento. "A muralla é un símbolo desta cidade, creo que transcende a cidade, é un símbolo de todos os galegos", destacou.


O responsable de Cultura subliñou que hai "constantes obras en marcha" e estase realizando "un plan de priorización das obras en función das prioridades e das necesidades" do Monumento. En canto a ese cubo, o seis, e esa "sorpresa nova", insistiu en que se está "investigando, para ver como se materializa e coñecer o que realmente hai aí".


"Isto é unha tarefa constante de actualización, de limpeza, é unha tarefa constante de mantemento que compartimos co Concello --de Lugo--", concluíu.

relacionada La muralla de Lugo inaugura ascensor en el 15 aniversario de la declaración como Patrimonio de la Humanidad
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE