Os galegos seguen bañándose en praias contaminadas
Os farmacéuticos inspectores advirten dos riscos para a saúde en 32 praias galegas
O colectivo de farmacéuticos inspectores da Xunta, actualmente en folga indefinida, advirte que os galegos seguen utilizando a meirande parte das 32 praias contaminadas detectadas pola Unión Europea.
Máis de 30 zonas repartidas polas catro provincias galegas, ás que os inspectores lles concederon unhas simbólicas "bandeiras negras", denunciando que ademais a maioría destas praias non contan con ningún tipo de cartel advertindo da falta de garantías da auga, polo que os usuarios "descoñecen os graves riscos aos que están expostos".
Recordan que o informe negativo da Unión Europa, publicado a finais de maio, implica unha "prohibición permanente do baño, e a obriga das autoridades sanitarias de informar aos bañistas desta prohibición".
Critican a "pasividade" da Xunta de Galicia na xestión e mellora destas zonas de baño, e desaconsellan o baño en todo caso. Ademais, destacan que Galicia concentra a meirande parte das praias non aptas para o baño de España e continúan denunciando os riscos para a sáude pública que supón a escaseza de medios e persoal que os levaron a iniciar a súa folga indefinida, que comeza a súa cuarta semana.
O listado de praias con "bandeiras negras" é o seguinte.
PROVINCIA DE A CORUÑA | |
CONCELLO | NOME DA PRAIA |
Arteixo | Ría de Barrañán |
Bergondo | Regueiro |
Boiro | Peralto |
Camariñas | Camelle |
Camariñas | Area da Vila |
Cee | A Concha |
Fene | Barallobre |
Ferrol | A Cabana |
Ferrol | Caranza |
Fisterra | Sardiñeiro |
Oleiros | Santa Cruz Porto |
Pontedeume | Centroña |
Pontedeume | Ver |
Sada | Delicias |
PROVINCIA DE LUGO | |
CONCELLO | NOME DA PRAIA |
Burela | Penaoural |
Cospeito | Porto |
Fonsagrada | Naraxa |
Monforte de Lemos | Río Cabe |
Pobra do Brollón | Río Saa |
Pontenova | Río Eo |
Quiroga | Conceado |
Quiroga | Soldón |
Ribas de Sil | San Clodio |
PROVINCIA DE OURENSE | |
CONCELLO | NOME DA PRAIA |
A Bola | Río Orille (Área Recreativa A Bola) |
Allariz | Acearrica |
Os Blancos | Río Eiroa |
Lobios | Os Baños Riocaldo |
Ourense | A Chavasqueira |
Verín | Pazos |
Verín | Vilela |
Vilardevós | Río Arzoá |
PROVINCIA DE PONTEVEDRA | |
CONCELLO | NOME DA PRAIA |
Bueu | Banda do Río |
Bueu | Agrelo |
Mondariz | O Val |
Ponteareas | As Partidas |
Pontevedra | Rio Lerez |
Redondela | Arealonga |
Redondela | Cabanas |
Ribadumia | Pontearnelas |
Sanxenxo | Nanín |
Valga | Vilarello |
Escribe tu comentario