Forzan a retirada de cartóns de leite a 20 céntimos
Despois de que Unións Agrarias denunciara un modelo de actuación "completamente tóxico para a supervivencia do sector"
O sindicato Unións Agrarias conseguiu que a cadea de supermercados El Árbol retirase dos seus estantes varias ofertas que vendían cartóns de leite das marcas Reny Picot e Gustosa por vinte céntimos, incumprindo os acordos da interprofesional láctea para impedir o uso do leite como producto reclamo.
O sindicato tivo constancia destas ofertas fraudulentas este mércores, interpondo de inmediato unha denuncia para poñer freo a un modelo de actuación "completamente tóxico para a supervivencia do sector", que entraba en clara contradición dos acordos firmados en setembro de 2015 para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.
Despois de serlle comunicada a denuncia, a patronal da distribuidora procedeu a retirar os productos fraudulentos. Pero dende Unións Agrarias aproveitan para esixirlle unha vez máis á administración que " vaia máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras".
En todo caso, comprométense a manter unha "actitude vixiante" para seguir denunciando aquelas prácticas comerciales que "atentan contra a dignidade" dos productores lácteos galegos.
Escribe tu comentario