#Claves de la semana

Bruselas descarga responsabilidade nos gandeiros para saír da crise do sector lácteo

"Está en mans dos gandeiros xuntar as súas forzas e decidir colectivamente reducir a produción" 


|





O comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan, descargou este xoves nos gandeiros gran parte da responsabilidade para saír da grave crise do sector lácteo.


No palamento europeo, defendeu a activación da norma da lexislación comunitaria que permite os acordos voluntarios entre gandeiros para reducir a produción, destacando que "pode xogar un papel significativo" para deixar atrás a crise."Está en mans dos gandeiros xuntar as súas forzas e decidir colectivamente reducir a produción", manifestou.


Estas declaracións non convenceron á europarlamentaria de Alternativa Galega de Esquerda (AGE)Lidia Senra, que asegurou que a crise foi provocada polas institucións europeas e "son elas as que teñen que propoñer solucións". "Esta crise responde o abandono das políticas públicas e pon de manifesto que o mercado internacional é un espellismo", apuntou.


Durante a súa quenda de palabra, o socialista José Blancosinalou que na súa comunidade de orixe, Galicia, os prezos pagos non cobren os custos, o que supón "a constatación dun fracaso". "O sector languidece e miles de explotacións en Galicia están en risco de pechar", indicou, antes de instar á Comisión a non "seguir cega" e a "escoitar o clamor do sector".



Por outra banda, o comisario europeo negou que a crise do sector sexa consecuencia da abolición das cotas lácteas. Entende que se trata do resultado dunha "tormenta perfecta", ao coincidir no tempo un incremento da produción global, o veto de Rusia a produtos europeos e unha desaceleración da demanda en China.


relacionada ​A UE non intervirá os prezos do leite
relacionada ​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas
relacionada Bruselas presenta medidas "decepcionantes" para o sector leiteiro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE