#Claves de la semana

​O exministro Caamaño apoia a Méndez Romeu como o candidato da "unión" no PSdeG

Asegura que os apoios de Leiceaga responden " a unha serie de persoas que levaron ao PSdeG á situación na que se atopa"


|



Na recta final cara as primarias do PSdeG, a candidatura de Xosé Luis Méndez Romeu acaba de sumar un apoio importante, o do exministro de Xustiza Francisco Caamaño, que respaldou públicamente ao voceiro parlamentario como mellor garante da "unión" e do "diálogo" interno dos socialistas galegos.


Como contraposición, aínda que considera que Xaquín Fernández Leiceaga tamén é un "excelente compañeiro con preparación sobrada para dirixir un goberno", entende que a maioría dos seus apoios responden " a unha serie de persoas que levaron ao PSdeG á situación na que se atopa".


Considera que son persoas "incapaces de facer un proxecto creativo ilusionante", mentres que Méndez Romeu ten asumido dende o primeiro momento a necesidade de "estar unidos e traballar pola sociedade", sendo apoiado por persoas que estiveron nas institucións, alcaldes de relevancia ou mesmo exministros. 


Pola súa banda, o candidato socialista agradeceu emocionado o apoio do exministro de Zapatero, reivindicando a importancia de "devolver a Galicia unha alternativa de goberno creíble, viable e ilusionante" na que "hai espazo para todos, hai necesidade de todos".


Méndez Romeu chama a "construír unha alianza de cambio que vaia máis aló da estrutura tradicional" do PSdeG, abríndose á sociedade co obxectivo último de "devolver Galicia á senda do crecemento e da igualdade".


Ambos socialistas fixeron estas declaracións este xoves no Hostal dos Reis Católicos, despois de escoitar no Fórum Nueva Economía aos líderes sindicais galegos de CCOO e UXT, que segundo Méndez Romeu coinciden nas súas demandas coas propostas dos socialistas en Galicia. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE