A Xunta comeza a moverse para evitar unha 'Seseña galega'
Calculan comezar a eliminar "en catro meses" as 36.000 toneladas de pneumáticos almacenados en Galicia
No caso dos cementerios de neumáticos en Galicia, non se pode negar que a Xunta actuou cunha providencialidade case profética. Tras anos de olvido, a administración anunciou a licitación dun contrato para desfacerse das 36.000 toneladas acumuladas de pneumáticos en Galicia xusto unha semana antes de que declarase o devastador incendio de Seseña.
E dende logo, o exemplo de Castela e a Mancha non fixo senón acelerar o proceso para desfacerse dos depósitos históricos de neumáticos de Laracha, Fene e As Somozas: a retirada destes residuos podería comezar "en catro meses".
A licitación do contrato para retiralos, dotado con 2,7 millóns de euros, publicouse na plataforma de contratación o 13 de maio, mentres ardían os neumáticos de Seseña, e actualmente está nunha fase de presentación de ofertas que finaliza o vindeiro 22 de xuño.
A previsión é que estes residuos sexan tratados ben para transformalos en materias primas para a fabricación de novos produtos (valorización material), ou ben para transformalos en enerxía (valorización enerxética). Medio Ambiente lembra que os pneumáticos cun alto compoñente de material reutilizable, con novos usos como recheos de céspede artificial, chans de parques infantís, preparados para estradas, pantallas acústicas de ruído ou mesmo reductores de ondas.
VIXIANCIA ADICIONAL
Mentres tanto, e por se as moscas, o goberno galego ofreceu a colaboración da Policía nacional para realizar "tarefas complementarias de vixiancia" nos cementerios de pneumáticos.
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato explicou, ao termo da reunión, que actualmente os tres depósitos contan con vixilancia e "cumpren os requisitos básicos", pero que, co fin de establecer as máximas garantías, non viría mal dispor de vixiancia adicional.
Escribe tu comentario