As verteduras residuais limitan a calidade do marisco na Ría de Arousa
Según revela un estudo elaborado pola Universidade de Vigo
Un estudo elaborado pola Universidade de Vigo vén de denunciar que as verteduras de augas residuais están "a limitar" calidade do marisco producido na Ría de Arousa, instando a "tomar medidas de mellora" a través do saneamento, da depuración e da localización dos emisarios das estacións depuradoras.
O traballo determina que existen "achegas contaminantes de relevancia orixinados por verteduras líquidas depuradas e non depurados de augas residuais urbanas en lugares de alta produción marisqueira" da ría.
Tamén sinala que existe contaminación microbiolóxica "por achegas directas de augas fecais non depuradas ou incompletamente depuradas, debido a deficiencias na rede de saneamento".
Esta contaminación, segundo engade, "causa a acumulación de E.coli en mexillón trasplantado á boca do emisario por encima dos niveis legais para a súa comercialización", pero non así no mexillón de cultivo das bateas máis próximas.
Ademais, indica que existen "achegas de microcontaminantes químicos tóxicos para as fases larvarias dos invertebrados mariños en todos os emisarios de EDAR analizados". Por último, detecta "unha forte contaminación por hidrocarburos aromáticos policíclicos".
Escribe tu comentario