Miles de persoas enchen Compostela celebrando e reivindicando a lingua galega
Convocados por 'Queremos Galego', camiñaron dende a Alameda ata a praza de Quintana, donde deu comezo a "festa reivindicativa"
Miles de persoas encheron un ano máis Santiago de Compostela celebrando e reivindicando a lingua galega, cunha "festa reivindicativa" na que Manuel María, homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas estivo moi presente.
A gran multitude congregada saliu da Alameda compostelá preto das 12:30 do mediodía, camiñando con paso lento ata a céntrica Praza da Quintana, onde deu comezo unha verdadeira "festa revindicativa" con poemas de Manuel María, aplausos para a lingua e actuacións musicais.
Non houbo espazo para minutos de silencio. Pola contra, era o momento de reivindicar que 'O idioma é vida', manifestando a alegría dun pobo que supera na rúa os "desleixos" da administración para a nosa lingua.
Porque os organizadores quixeron animar a festa do idioma, sen por iso esquecer que segundo denuncian segue habendo moitos motivos que fan necesaria a reivindicación da lingua galega.
Marcos Maceira, voceiro dos convocantes 'Queremos Galego' e presidente da Mesa pola normalización lingüística, denunciou ao comezo da marcha que a lingua galega segue quedando "excluida da maior parte dos espazos da vida cotiá".
Sostén que o goberno actual da Xunta de Galicia se caracteriza por "atacar constantemente á lingua galega", citando como exemplo o "decreto contra o galego que vulnera acordos nacionais 2 internacionas ao respecto dos dereitos linguisticos".
SEIS MEDIDAS IMPRESCINDIBLES
Dende 'Queremos Galego' pídenlle ao goberno que saia das eleccións de outubro que respete o Plan xeral de normalización da lingua galega. Un plan con 400 medidas, entre as que escollen seis como prioritarias
Un dos puntos fundamentales e imprescindibles para a plataforma é a derrogación do "mal chamado decreto do plurilingüismo" para recuperar un "ensino en galego".
Reclaman que a CRTVG comece a actuar como un axente de normalización lingüística, que os transportes públicos respeten "a única toponimia real", que se garantice o acceso á administración en galego, que se manteñan convenios coa radio televisión portuguesa e que se coindicionen axudas e subvencións ao uso efectivo e real da nosa lingua.
APOIOS POLÍTICOS
Na primeira liña da manifestación estivo a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que defendeu a necesidade de "celebrar e reivndicar que temos unha lingua propia", a nosa "carta de presentación ante o mundo".
Ve especialmente necesaria a reivindicación ante a "polítcia de escrache á lingua galega" pola que segundo deunciou se caracterizaron as dúas lexislaturas de Alberto Núñez Feijóo, que definiu como "7 anos negros para a lingua".
En termos semellantes manifestouse o deputado de AGE e coordinador nacional de Anova, Antón Sánchez, que reivindicou a importancia da "defensa da nosa fala" como "sinal de identidade propio", que debe estar entre as "prioridades" do goberno autonómico que saia das urnas en outubro.
Por último, o alcalde de Santiago Martiño Noriega salientou a importancia de defender potencionalidade do idioma a través dunha persoa tan comprometida" como Manuel María, apostando por "reivindicar" a lingua "cun sorriso".
Escribe tu comentario