A PGDEP reclama que a Xunta asuma "o estrepitoso fracaso" das reválidas de primaria
Pídenlle que desconvoque as probas de 3º previstas para finales deste mes
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está máis que satisfeita co seguimento do boicot convocado para as "reválidas" de 6º de primaria convocadas durante a semana pasada. Falan dun respaldo superior ao 80%, que lles dá forza para reclamarlle á consellería que asuma "o estrepitoso fracaso" e desconvoque as probas de 3º de primaria fixadas para o 24 e 25 de maio.
Dende a plataforma consideran que a alta abstención puxo de manifesto que as familias se dan conta "de que este tipo de probas non benefician en nada" á educación dos seus fillos e de que son os profesores e os centros os que están máis capacitados para evaluar as carencias e fortalezas dos seus alumnos.
Danlle as grazas ás familias e consideran que "o máis normal" se a Xunta tivese "unha mínima sensibilidade" polo sentir da maioría social sería que a consellería de Educación tomase nota e desconvocase as probas de 3º de primaria previstas para finales de mes, uníndose á maioría de comunidades nas que as probas non se están celebrando.
Pero dende a Xunta parecen decididos a continuar adiante. O propio Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que houbera "centos de familias" que non mandaron aos seus fillos a facer a proba, algo que non poden "obviar". Pero considera que a solución é informar "mellor" e confía en que a situación "se vaia normalizando" a medida que pasen os anos.
Ante esta postura, dende a plataforma seguirán "chamando ao boicot" para as probas de 3º de primaria, ademais de organizar unha nova concentración diante da consellería de educación para o vindeiro 24 de maio, coincidindo co comezo das probas.
Escribe tu comentario