A Xunta conta conque as reválidas de primaria "se vaian normalizando" cos anos
Ponse como obxetivo informar "mellor" para "contrarrestar as campañas de desinformación"
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confía en que as reválidas de 6º de primaria "se vaian normalizando" a medida que pasen os anos.
Á hora de valorar a abstención na proba que comezou este mércores, Feijóo destacou que era o primeiro ano que se celebraba e que o sistema "necesita rodar".
Aínda así, admite que "non podemos obviar que houbo centos de familias que non mandaron" aos seus fillos a facer a proba. Ponse como obxetivo informar "mellor" para "contrarrestar as campañas de desinformación" contra unha proba que segundo dixo non ten ningún obxeto máis alá de mellorar a educación dos nenos galegos.
Escribe tu comentario