# Claves de la semana

A CIG únese ao sindicato vasco ELA para criticar a "estatalización da negociación colectiva"

Denuncian que as "duras" reformas laborais aprobadas nos últimos anos debilitan "o papel do movemento sindical"

A CIG uniuse ao sindicato vasco ELA para facer fronte ao que entenden como un proceso de "estatalización da negociación colectiva" que "empobrece as condicións de traballo e vulnera a liberdade sindical".


Despois do encontro que tivo lugar esta semana entre os líderes de ambos sindicatos, Suso Seixo e Adolfo Muñoz 'Txiki', denuncian que as "duras" reformas laborais aprobadas nos últimos anos polo PSOE e PP buscan "favorecer o aumento de beneficios empresariais e debilitar o papel do movemento sindical".


Acusan á CEOE, CC.OO. e UXT de "cumprir o obxectivo" do Banco de España para "dar prioridade aos convenios estatais" co fin de "devaluar os salarios".


Con ese nivel estatal, CIG e ELA alertan de que se "impide negociar" en ámbitos autonómicos, o que produce unha maior precarización do traballador e vai en beneficio do "interese" da patronal.


Ademais, acusan á CEOE, CC.OO. e UXT de ser "organizacións españolas belixerantes contra a existencia doutras realidades sindicais en nacións sen Estado".


De tal forma, ambos os sindicatos acordaron presentar resolucións nos parlamentos galego e vasco en defensa do dereito á negociación colectiva e en favor da lexislación laboral incluída no autogoberno de ambas as comunidades.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE