# Claves de la semana

​Abel Caballero pide investigar "o evidente mal funcionamento do 112" no incendio de Fandicosta

Lamenta que o servizo de emerxencias rexeitara en varias ocasións o apoio dos bombeiros de Vigo




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entende “imprescindible” que a Xunta abra unha investigación a fondo ante a “absoluta ineficacia” na coordinación do dispositivo de emerxencias no incendio que destruíu a metade da planta de Fandicosta en Moaña, no que os bombeiros de Vigo acudiron en contra do criterio do 112.


Asegura que non quere "falar de responsabilidades", pero aínda así afirma que "todo Vigo e toda Galicia coñece a absoluta ineficiencia da Xunta coordinando a acción" neste incendio, así como "o evidente mal funcionamento do 112", e por iso apuntou á necesidade de facer "unha investigación a fondo polo ben da xente, para aprender".


Insiste en que en Fandicosta houbo "unha mostra clara de incapacidade de acción", e, como criticaron tamén efectivos de bombeiros este mesmo martes, censurou que a pesar de que o parque de Bombeiros de Teis, en Vigo, se atopa a nove minutos de distancia o 112 optou por "chamar a parques a 40 minutos".


"Desde o parque os bombeiros estaban atónitos. Eles esperando para actuar e a Xunta sen darlles o ok para que saísen; decidino eu", remarcou, antes de censurar que ao non chamarlles "perdéronse 40 minutos".


Caballero recoñeceu que "os accidentes son accidentes", pero "hai que poñer todo de parte das administracións para que a acción sexa o máis eficaz posible e estar preparados para actuar", por iso apuntou á necesidade de que haxa "un novo protocolo de actuación" na Administración autonómica.


“O protocolo non pode ser que chamen a bombeiros que dependen deles, senón aos que estean máis preto", incidiu, antes de lembrar que os bombeiros que dependen do Concello de Vigo ofrécense "gratis, sen pedir nada, por xenerosidade".

relacionada ​Los bomberos de Vigo acudieron al incendio de Fandicosta contra el criterio del 112
relacionada El viento y el falso techo hicieron "prácticamente imposible" parar el fuego de Fandicosta
relacionada ​La Xunta le prestará dinero a Fandicosta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE