#Claves de la semana

O BNG denuncia a "vergoñenta" política da UE cos refuxiados

O BNG celebra actos para alertar sobre a crise humanitaria dos refuxiados, reclamar a anulación do acordo con Turquía e reivindicar unha política de asilo que dea acollida ás miles de persoas que fuxen da guerra da miseria.



|



O BNG celebrou unha batería de actos simbólicos de protesta en diferentes lugares emblemáticos do país para chamar a atención sobre a crise humanitaria dos e das refuxiadas, reclamar a anulación inmediata do acordo UE-Turquía e reivindicar unha política de asilo que dea acollida ás miles de persoas que petan nas portas de Europa fuxindo da guerra ou da miseria.


A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto da Coruña ante a Torre de Hércules para denunciar “a política inhumana” que soportan miles de refuxiados por parte das institucións europeas, “unha política que nos avergoña”.




O Bloque pide a ruptura do “ilegal e inmoral” acordo pactado co goberno de Ankara que permite mercadear con seres humanos, ao tempo que denuncia o cinismo do Estado español que, despois de comprometerse a recibir a miles de refuxiados, só ten acollido a 18 persoas. “Esta debe ser a primeira rectificación urxente”, demandou a tamén deputada nacionalista, indicou.




“Provoca rabia e indignación ver como desaparecen miles de nenos e nenas no corazón de Europa ou como morre xente de frío mentres as institucións da UE miran cara outro lado. Queremos unha Europa que abra as fronteiras e volva aplicar políticas de asilo ante esta crise humanitaria”, argumentou Pontón.




O BNG lembra tamén que estas persoas escapan de guerras “provocadas precisamente pola política imperialista practicada ou auspiciada tanto desde Europa como desde EEUU”, alegou a portavoz nacional neste acto simbólico ante a Torre de Hércules onde se despregou unha pancarta co lema Galiza c@s refuxiados, que o Bloque repetiu en lugares emblemáticos por todo o país, como na Catedral de Santiago, na Cruz do Castro en Vigo, na Muralla de Lugo, nas Burgas en Ourense, ou na Ponte internacional en Tui.


PONTÓN CANDIDATA


Interpelada polos medios, a portavoz nacional expresou o seu agradecemento aos militantes que estes días veñen expresando o seu apoio público para que se candidate como cabeza de cartel do Bloque á Presidencia da Xunta, no proceso de elección desde as bases que concluíra o 30 de abril.


“É un apoio que me reconforta e que me fai reflexionar, pero é unha decisión de moita responsabilidade que non se pode tomar á lixeira”, indicou Pontón, quen tamén subliñou que máis aló de nomes, “o importante é fortalecer unha alternativa nacionalista para derrotar a PP de Feijóo cuxas políticas están esnaquizando o país”.


En todo caso, “si ten influencia o feito de que tantos compañeiros e compañeiras me amosen o seu apoio e me pidan que dea un paso adiante”, admitiu a portavoz nacional, quen avanzou que nos próximos días dará a coñecer a súa decisión.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE