Os lesionados medulares do sur de Galicia poderán acudir a revisións en Vigo
Dentro de "dous ou tres meses" entrará en funcionamento unha unidade no Hospital do Meixoeiro
Os lesionados medulares do sur de Galicia deixarán de estar obrigados a desprazarse ata A Coruña para acudir ás súas revisións. Dentro de "dous ou tres meses" entrará en funcionamento unha unidade en Vigo, no Hospital do Meixoeiro, según anunciou este venres o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña
O titular de Sanidade asegura que o protocolo está "moi avanzado", aínda que salientou que a unidade de referencia seguirá estando na Coruña.
En todo caso, asegura que en Vigo haberá un equipo multidisciplinar (neuroloxía, rehabilitadores e enfermería) que evitará moitas probas e desprazamentos innecesarios.
Escribe tu comentario