Sada pedirá a declaración de zona catastrófica polas inundacións
"Os danos son significativos", recalcou o rexedor, recordando as inundacións rexistradas en baixos de vivendas unifamiliares que obrigaron a evacuar a varios veciños en zodiacs da Garda Civil.
O concello de Sada levouse a peor parte das inundacións provocadas este mércores pola choiva, polo que o alcalde Benito Portela decidiu pedir a consideración de zona catastrófica.
"Os danos son significativos", recalcou o rexedor, recordando as inundacións rexistradas en baixos de vivendas unifamiliares que obrigaron a evacuar a varios veciños en zodiacs da Garda Civil.
"A auga chegou a un metro de altitude", remarcou o rexedor sobre a situación vivida nalgúns lugares do concello. Así mesmo, precisou que houbo tamén caídas de árbores e desprendementos de terra.
Por iso, traballaron e continúan facéndoo os efectivos de emerxencias municipais, de Obras e Servizos, ademais de Bombeiros de Betanzos, Garda Civil e Policía Local.
Escribe tu comentario