Feijóo: “Prefiro non decir nada ata que teña algo que decir”
O presidente da Xunta segue sen aclarar o seu futuro, días despois de asegurar que se plantexaba deixar a política para buscar o seu futuro no ámbito privado.
O presidente da Xunta segue sen aclarar o seu futuro, días despois de asegurar que se plantexaba deixar a política para buscar o seu futuro no ámbito privado. Recoñece que se montou un revuelo bastante amplio durante a última semana, na que apareceron teorías para todos os gustos sobre as súas intencións. Pero prefire remitirse unha vez máis aos seus prazos, limitándose a asegurar que “a imaxinación non ten límites, e ante a imaxinación non caben desmentidos posibles”.
Alberto Núñez Feijóo insiste en que conta conque o PPdeG sexa o primeiro partido con candidato para as vindeiras eleccións autonómicas. Adianta que este mesmo venres se celebrará un comité de dirección do partido, que convocará á Xunta Directiva non “moito máis aló da Semana Santa, se é posible na semana seguinte”. Desta nova cita sairá a data do congresos, ordinario ou extraordinario, do que sairá o candidato dos populares.
Ante a insistencia dos xornalistas, Feijóo insiste con que “estamos en prazo” e pide que se respeten os seus tempos. Ante as especulacións da última semana, asegura que non dixo “nada novo” cando asegurou que se plantexaba deixar a política. Pero tamén se amosa convencido de que ante o “revuelo” que se montou, a partir de agora “case prefiro non decir nada ata que teña algo que decir”.
Asegura que segue concentrado non goberno de Galicia, e promete que pouco a pouco irán “desaparecendo as especulacións para verse sustituidas por feitos”.
Escribe tu comentario