#Claves de la semana

A Real Filharmonía volve ás súas orixes no seu 20 aniversario

O alemán Helmuth Rilling levará a batuta unha vez máis nun concerto que terá lugar este luns ás nove da noite no Auditorio de Galicia.


|



A Real Filharmonía de Galicia cumpre volve ás súas orixes no seu 20 aniversario, recuperando ao seu primeiro director titular. O alemán Helmuth Rilling levará a batuta unha vez máis nun concerto que terá lugar este luns ás nove da noite no Auditorio de Galicia. 


Recordarase o nacemento da Real Filharmonía en 1996, impulsada naquel momento pola Xunta de Galicia. Na actualidade está xestionada polo Consorcio de Santiago, está formada por 50 músicos de 17 nacionalidades diferentes e, durante estes anos, ofreceu máis de 1.000 actuacións nas que participaron 560 solistas e 240 directores. 


O concerto desta noit será unha homenaxe ao compositor alemán barroco Johann Sebastian Bach (1685-1750), do que Helmuth é estudioso. A orquestra interpretará as súas obras 'Concerto de Brandemburgo nº4', 'Concerto para dous violíns' e 'Suite para orquestra nº3'. Actuarán como solistas varios músicos da orquestra: os flautistas Laurent Blaiteau e Luís Soto; e os violinistas James Dahlgren, Adriana Winkler e Grigori Nedobora.


O concerto transmitirase en directo por 'streaming' a través da páxina web da orquestra --rfgalicia.org-- e das redes sociais.





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE