#Claves de la semana
MÉRCORES 2 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS, DENTRO DO CICLO "POETAS NA CORTE D´EL REI SABIO"

Recital da poeta australiana Sarah Holland-Batt, na Fundación Vicente Risco


|

Recital en Allariz, da poeta australiana Sarah Holland-Batt dentro do espazo "Poetas na corte d´el Rei Sabio," da Fundación Vicente Risco, o mércores 2 de marzo ás 20:30 horas.


Nada en Southport (Australia) en 1982, Sarah Holland-Batt é poeta, crítica e editora literaria. Medrou en Australia e nos EE.UU., e residiu tamén en Italia e no Xapón. Licenciada pola Universidade australiana de Queensland, conta cun Máster en Lingua Inglesa e con outro en Poesía pola Universidade de Nova York, este grazas á bolsa W.G. Walker Memorial Fulbright.Outras residencias que teñen impulsado a súa produción poética foron as das colonias Yaddo e MacDowell, a bolsa de viaxe Marten Bequest, e residencias como a de Asialink, Hawthornden e a do Consello de Australia en Roma.


O seu primeiro libro de poesía, Aria (2008), recibiu varios premios literarios como o Anne Elder, o Judit Wright de Poesía e o Thomas Shapcott, ademais de ser finalista aos galardóns New South Wales e Queensland Premier, e recomendado para “Libro poético do ano” por The Age.


No pasado ano publicouse o seu segundo poemario, The Hazards [Os riscos] (2015). Ademais, poemas seus viron a luz en numerosos xornais e revistas, incluíndo The New Yorker, Poetry, Slate, Agenda e moitas outras, e foron traducidos a linguas coma o holandés, español, sueco e indonesio.


Holland-Batt escribiu tamén relatos curtos que foron incluídos en The Best Australian Stories 2011 e 2012. Fixo parte do consello editorial de New Directions e de Atria Books, dúas editoriais neoiorquinas. Hoxe reside en Brisbane, onde traballa como profesora e coordinadora do Máster en Escrita Creativa da Universidade Tecnolóxica de Queensland, mentres exerce como editora de poesía para a revista Island.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE