Comezou a Acaldesa Ada Colau cuestionando, cando chegou ao concello, os posibles beneficios que reportaba o Mobile Word Congress, e cando se deu conta da barbaridade que estaba plantexando, botou o freno de man e esmerouse en desmentirse a si mesma prestándose á escenificación doutro paripé de benvida. Despois viu, un ano máis, o anuncio por parte dos sindicatos de que convocaban un ano máis unha folga de transportes públicos, que se o ano anterior se arreglou no tempo de desconto, esta vez, nin coa presenza da propia Ada Colau puido pararse, armando o correspondente caos, nunha semana na que todos nos alegrábamos pola inauguración do tramo de metro máis caro da historia da humanidade, que ¡por fin! deixaba aos congresistas dende o aeroporto nunha estación a pé do Congreso. ¿Quén ten a culpa desta vergoña organizativa? Dende logo os que levan apostando por Barcelona estes anos, non, que bastante aguantaron o tipo e enriba buscaron solucións alternativas ao transporte público dos seus visitantes.
Aquí, somos tan ricos, que "nos podemos permitir o luxo" de que este evento ambicionado polas principais capitais do mundo se vaia a calquera delas o próximo ano. E é que cando o "interese social" se impón ao tan manoseado "interese xeral"; o máis probable é que o país que o permite por non dispoñer dunha lexislación axeitada e democrática, é que se vaia á quebra. A liberdade sindical duns traballadores dunha cidade ou dun área metropolitana, non pode estar por enriba da economía dun Estado e do prestixio internacional do mesmo. Por outra banda, a incompetencia dos políticos que se permitiron a chulería de chamar "casta" aos seus predecesores e que, neste momento da verdade no que poden predicar co exemplo da "boa nova" que predican, non saben resolver o problema dunha negociación tan básica políticamente falando, queda palmariamente en evidencia.
Aos contribuíntes estánsenos hinchando as narices de contemplar como a Política con maiúsculas deixou de ser un traballo decente polo ben común de todos, para converterse na fábrica de corruptos e incompetentes máis grande do mundo occidental. E tamén, ¿por qué non? como o sindicalismo só aparece a destempo e pisando os cayos da xente, sobre todo, no caso concreto de Catalunya no que se acobarda ante a febre independentista esquecendo completamente a súa ideoloxía fundacional e permitindo a preeminencia dos privilexios dos de sempre sobre os graves problemas que nos asfixian á maioría.
Estou seguro de que ao Mobile Word Congress non o vai a afundir tanto irresponsable, nin os cidadáns que a miles acudirán a empaparse das novas tecnoloxías e que contemplan o desaguisado cunha indignación máis que xustificada. Non obstante, o que pasou, traerá secuelas, e moito me temo, que a "excelencia" da sede barcelonesa vaise poñer en cuestión cando remate o Congreso. Sobre todo, cando os organizadores se queden sós e recopilen as queixas dos que atravesaron medio mundo e gastaron unha fortuna para quedarse logo "atascados" nesta Barcelona caótica. Queirámolo ou non, aos catalanes esta vez, vánnos tomar a matrícula.
Escribe tu comentario