# Claves de la semana

600 euros de multa por interrumpir o pleno de Ferrol

Un veciño de Ferrol de 66 anos de idade deberá pagar unha multa de 601 euros pola súa actuación no pleno municipal do pasado 18 de setembro, cando foi expulsado depois de intentar tomar a palabra sen autorización do alcalde, Jorge Suárez (FeC).


Un veciño de Ferrol de 66 anos de idade deberá pagar unha multa de 601 euros pola súa actuación no pleno municipal do pasado 18 de setembro, cando foi expulsado depois de intentar tomar a palabra sen autorización do alcalde, Jorge Suárez (FeC).


A sanción foi imposta pola subdelegación do goberna en base ao ateigado da policía local, que asegura que "o denunciado fixo caso omiso aos axentes para que desistise na súa actitude e abandonase o lugar, tendo que ser desaloxado para renovar a sesión". Os axentes sosteñen que o home se negou "reiteradamente a identificarse, tendo que ser trasladado a dependencias policiais para logralo".


A versión dos feitos de Manuel Lopes Cebral, coñecido activista local, é radicalmente diferente. Sostén que lle impoñen "unha multa de 601 euros por querer participar no pleno", asegurando que os axentes o sacaron do salón "de maneira violenta, humillado, a unha orde do alcalde cun movemento de cabeza". 


"Se cadra é excesivo dicir que fun torturado, pero eu teño 66 anos e determinados tratos violentos deixan secuelas e para o día seguinte sufrín dores intensas no peito". Lopes Cebral criticou a falta de "participación dos cidadáns na vida pública de Ferrol" e reclamou "poder participar nos plenos municipais, con voz".


En todo caso, o alcalde de Ferrol anunciou que estudia intervir para que se abra unha vía ante a imposición desta multa, xa que non considera a situación da gravidade suficiente para o importe da multa. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE