#Claves de la semana
CONTA CON UN ORZAMENTO DE 307.000 €

18 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto da estación de autobuses integrada na terminal de ferrocarril de Santiago

  • A terminal de autobuses disporá de 29 dársenas, unha zona de servizos duns 2.000 metros cadrados e unha superficie total de 12.000 metros cadrados.
  • O orzamento para estes traballos ascende a un total de 307.000 euros 

|



Plano da zona de actuación


Un total de 18 empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto da estación de autobuses integrada na terminal de ferrocarril de Santiago. O orzamento para estes traballos ascende a un total de 307.000 euros, tal como publicaba no mes de decembro o Diario Oficial de Galicia.


O anuncio de inicio deste concurso público prevé un prazo de 4 meses para a redacción do proxecto básico, dentro dun período total de 7 meses para o proxecto construtivo da estación intermodal de Santiago, na que se prevé un investimento de preto de 6 millóns de euros.


A nova estación de autobuses situaríase ao sur da plataforma ferroviaria entre a praia de vías e a rúa Clara Campoamor e ocuparía unha superficie de aproximadamente 12.000 m2. As dársenas quedarán situadas ao nivel desta rúa, e prevese que os vehículos accedan ao recinto mediante unha rotonda de 48 metros de diámetro exterior e 32 metros de diámetro interior con dous carrís de 4 metros de largo.


O edificio de servizos situaríase elevado nunha primeira planta sobre as dársenas, ao nivel da plataforma ferroviaria. Esta disposición permite perfilar a conexión coa estación de ferrocarril en dous puntos: cara ao edificio de servizos da estación de autobuses desde a plataforma ferroviaria; e a través da futura conexión peonil sobre as vías férreas, que sairía da rúa do Hórreo, “voaría” sobre as vías do tren e conectaría, baixando un nivel, coa estación de autobuses e baixando outro nivel máis coa rúa Clara Campoamor. Esta conexión peonil debería poder usarse aínda que a estación de autobuses estivese pechada.


Segundo a análise dos estudos previos a estación de autobuses precisaría os seguintes elementos: 29 dársenas (19 de liñas interurbanas, 5 de metropolitanas e 5 para regulación de servizos); 2.000 m2 de edificio de servizos e unha superficie total duns 12.000 m2 incluíndo a estación propiamente dita (7.000 m2) e unha zona de taxi, bus urbano e de despedida (5.000 m2).




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE