A fadista María do Ceo presenta este venres o seu último traballo
A recoñecida fadista de éxito internacional María do Ceo presentará este venres en Santiago o seu último traballo, un libro-disco con dous CD titulado 'De Portugal a Galicia'.
A recoñecida fadista de éxito internacional María do Ceo presentará este venres en Santiago o seu último traballo, un libro-disco con dous CD titulado 'De Portugal a Galicia'.
Unha vez máis, a artista une o sentir portugués e a dozura do galego a través de 28 cancións, cantadas a metade delas en portugués e a outra metade en galego, amosando os motivos que a levaron a convertirse en embaixadora da cultura galega no mundo.
O acto terá lugar no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago a partir das 12:00. Ademais da propia María do Ceo, tamén participarán o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o decano da facultade de Ciencias de Comunicación, Xosé Ramón Pousa, o director de Galiciapress, Antón Alonso e o presentador da TVG Xosé Manuel Piñeiro, que colaborou no disco cantando a dúa con María do Ceo 'Quen Puidera namorala'.
Escribe tu comentario