#Claves de la semana

Batas Blancas relaciona a "austeridade" de Feijóo coa morte de tres enfermos con hepatite C

Critica una vez máis os retrasos na concesión dos tratamentos, nos que ha Fiscalía ten visto indicios de delito



|


O vicepresidente da asociación Batas Blancas, o doutor Evaristo Varo Pérez, relacionou este mércoles a "austeridade" da que se "vanaglorian" os actuais dirixentes do Goberno galego, co seu presidente, Alberto Núñez Feijóo á cabeza, cos retrasos na adxudicación do tratamento de hepatite C que puideron custar a vida de cando menos tres persoas. 


Así o asegurou no Parlamento tras reunirse con representantes do PSdeG, nunha rolda de prensa na que recalcou que escribiu a todos os grupos da Cámara para explicarlle cal fora a situación dos pacientes de hepatite C en Galicia antes de que o plan nacional contra esta enfermidade deixase en mans dos especialistas a decisión sobre os tratamentos. 


Dende a aparición do fármaco contra a hepatite C e ata a aprobación do citado plan en Galicia, como na meirande parte das comunidades, unha subcomisión analizaba cada caso para decidir a quén se lle suministraba o tratamento, que tiña un custo para a Xunta de 25.000 euros por paciente. 


O incumprimento dos prazos de resposta --un máximo de 15 días en casos urxentes e de oito semanas para o resto-,- que supuxo a morte de tres dos seus pacientes, é o que lle moveu a presentar unha denuncia ante a Fiscalía en marzo do pasado ano. Tras meses de investigación, o Ministerio Público concluiu que existen indicios de delito, polo que puxo o caso en mans dos xulgados de Santiago.


Esa é a razón pola que Evaristo Varo, xefe da unidade de Trasplante Abdominal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), agradeceu o seu "exhaustivo traballo", esperando que sirva para que situacións de tanta "gravidade" como as que viviron os enfermos de hepatite en Galicia "non se repitan". Ademais, advertiu que as tres mortes e o caso dun cuarto paciente que finalmente se salvou poden ser "a punta do iceberg".


"UN TEMA ECONÓMICO"

Este médico, también presidente-fundador da Sociedade Española de Trasplante Hepático, profundizou en que non ten coñecemento de que "noutros sitios" de España se teñan rexistrado retrasos na decisión sobre o tratamiento dos pacientes con hepatite C.


"Creo que é por un tema económico", suliñou, para evidenciar que "aquí vanaglorianse de ser das comunidades máis austeras, e iso ten un prezo". "Na educación", proseguiu, o efecto dos recortes tarda en verse, pero na sanidade é "inmediato". En caso de enfermidade, "os recortes poden tener custo". E, no caso da hepatite C, "ten matado", sentenciou. 


Esos recortes materializaronse en Galicia, como dixo, "en diferido", en forma de "retrasos" nas respostas sobre os tratamentos ou de "trabas" de tipo burocrático incluso para los propios médicos. Todo polos 25.000 euros que a Xunta tiña que abonar para cada tratamento: "Pero supoño que unha vida vale máis".

relacionada Sanidade defiende la comisión que autorizaba los fármacos para la hepatitis C
relacionada Afectados por Hepatitis C apoyarán la denuncia de la fiscalía con testimonios y documentación
relacionada A Fiscalía denuncia á Xunta por retrasos nos tratamentos de Hepatite C
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE