#Claves de la semana

A Fiscalía denuncia á Xunta por retrasos nos tratamentos de Hepatite C

Responde a unha denuncia presentada en marzo de 2015 polo colectivo "Batas Blancas", que apreciaba un "retraso deliberado" na autorización dos tratamentos


|

A Fiscalía da área de Santiago decidiu denunciar ao Sergas polos supostos retrasos na autorización dos fármacos para tratar a hepatite C. Trátase dunha situación que denunciara o colectivo "Batas Blancas" durante o pasado mes de marzo, e que agora será investigado polo xulgado número 3 de Santiago. 


O colectivo "Batas Blancas" asegura que varios pacientes faleceron mentres esperaban a chegada de fármacos dun tratamento ao que tiñan dereito, no que eles consideran un "retraso deliberado" por parte da administración autonómica. 


O mecanismo posto en marcha polo Sergas integraba unha Comisión Autonómica e Central de Farmacia e Terapéutica, encargada de darlle o visto bo aos tratamentos. A existencia desta comisión pareceulle á asociación un mecanismo desmedido, que segundo eles retrasaba inxustificadamente a aplicación dos tratamentos. 


Polo de agora, o Sergas non se ten pronunciado sobre a denuncia. Aseguran que aínda non ten recibido confirmación da mesma, pero adiantan que colaborarán coa xustiza en canto sexa necesario.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE