#Claves de la semana

​A Concellería de Benestar non pagou o cheque social en Coia

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, lembra que en maio de 2015 o Concello publicaba a convocatoria do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”,  coñecido como “cheque social”.


|



A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, lembra que en maio de 2015 o Concello publicaba a convocatoria do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, coñecido como “cheque social”.


O Concello tiña un prazo de tres meses para resolver as 2.800 solicitudes que se fixeron nesta convocatoria. Dito prazo rematou o 9 de setembro, e, “como sucedeu nas anteriores convocatorias e pasado máis dun mes”, aínda non foron concedidas as axudas. 


A Oficina salienta que, como xa denunciara no seu día, “estas axudas constitúen a resposta precaria e miserenta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a cidadanía, por resultar un programa totalmente insuficiente e inxusto, non só pola insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo”.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE