#Claves de la semana
OPERACION PATOS

A fiscalía pide imputar a Louzán, ex presidente da Deputación de Ponteveda, pola Operación Patos

O Ministerio  Fiscal pide 53 imputacións. Rafael Louzán estaría implicado na concesión de obras na provincia


|

O Ministerio Público emitiu un informe no que pide que se tome declaración en calidade de imputado a medio centenar de empresarios, funcionarios e políticos, entre os que están o ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o ex vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, a quen o fiscal atribúelles supostos amaños de contratos e obras públicas e a recepción de agasallos.


Na relación da Fiscalía figuran nomes como a delegada da Xunta, María José Bravo Bosch e outros cargos políticos da Xunta e do Concello de Vigo. Nalgúns casos as sospeitas estarían fundadas na recepción de agasallos e noutros, como Louzán, pola concesión de obras na provincia.


Unha vez que xa se levantou o segredo de sumario para as partes, a Fiscalía solicita que a causa se divida en pezas separadas xa que entende que debe haber inhibicións en favor dos xulgados de Pontevedra, Ponteareas, Santiago de Compostela e Ourense.


A bautizada como Operación Patos investiga delitos de prevaricación, cohecho e tráfico de influencias na adxudicación de contratos públicos e está coordinada pola titular do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, que conta coa colaboración da Fiscalía.


A empresa Cespa, que pertence ao grupo Ferrovial, atópase no epicentro desta investigación contra a corrupción do mesmo xeito que a constructora Eiriña, así como empresas do seu entramado.


A Fiscalía tamén pide que se traslade aos xulgados pontevedreses a investigación por un suposto tráfico de influencias en relación con contratacións en Cespa e as pescudas por supostas irregularidades na tramitación de subvencións a Ence.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE