Identifican un motorista a 221 quilómetros por hora pola Autovía do Salnés
A 221 quilómetros por hora nun tramo de 120. Así sorprendeu a Garda Civil de Tráfico a un motorista de 36 anos que circulaba, esta pasada fin de semana, pola Autovía do Salnés.
Segundo informa o propio instituto armado, trátase dun home con domicilio en Portugal e ao que se lle considera autor dun delito contra a seguridade viaria, por exceso de velocidade.
A infracción foi detectada, no punto quilométrico 14,400 da vía VG-4.1 -á altura do termo municipal de Meaño-, polo radar do destacamento da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.Transitaba en sentido Sanxenxo sobre unha motocicleta da marca Suzuki.
O vehículo foi parado polos axentes, que xa notificaron in situ ao condutor que quedaba imputado por exceso de velocidade.
O motorista deberá responder ante o titular do xulgado de instrución número 3 de Cambados
Escribe tu comentario