PASTORIZA (LUGO)
Intoxicadas dúas persoas na Pastoriza (Lugo) pola mala combustión dunha cociña de leña
Unha muller e un menor foron trasladados ao Hula tras inhalar monóxido de carbono
Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti tras resultar intoxicadas na súa vivenda da Pastoriza como consecuencia da mala combustión dunha cociña de leña.
Os efectivos de urxencias trasladáronse ata a vivenda, situada no lugar de Currás, parroquia de Bretoña, ao redor das 6.30 horas, tras ser alertados por un particular. No domicilio atoparon á muller inconsciente. Segundo explicou a persoa que deu o aviso, un menor fora trasladado con anterioridade por mor dunha intoxicación por monóxido provocada na mesma vivenda.
Escribe tu comentario