A xuíza da Pokémon abre dilixencias previas contra Baltar Pumar por tres delitos
A instrutora da Operación Pokémon, Pilar de Lara, decidiu incoar dilixencias previas pola comisión de delito electoral, de falseamento de contas e suborno contra o expresidente do PP ourensán e da Deputación Provincial, José Luís Baltar Pumar, e inhibiuse en favor do Partido Xudicial de Ourense na investigación sobre irregularidades no financiamento do PP de Ourense durante a etapa do barón popular.
Nun auto datado o 25 de xuño, Pilar de Lara acorda que na peza que investigará se o exbarón popular cometeu os referidos tres delitos se incluirán as declaracións do propio Baltar, as de Emilio Pascual -o ex xerente do partido que o acusou de ser o máximo responsable dunha caixa B- e as de persoal do PP nesa provincia, así como os informes de Vixilancia Aduaneira.
Pilar de Lara retén no Xulgado de Instrución número 1 de Lugo as investigacións sobre o PP de Ourense e José Luís Baltar relacionadas co Grupo Vendex, grupo empresarial que se sitúa no epicentro da maior investigación xudicial contra a corrupción instruída en Galicia.
Escribe tu comentario