#Claves de la semana
PONTEVEDRA

Alumnos de Ciencias Sociais adaptarán o libro de relatos Vento Ferido de Carlos Casares


|

Alumnos da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación realizarán unha «adaptación libre» ao audiovisual do libro de relatos ‘Vento ferido’, de Carlos Casares. Farao dentro do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), que dende hai seis anos achega a estudantes do campus pontevedrés ao mundo da rodaxe profesional. Nel naceron ata o momento proxectos como as webseries ‘Fame’ e ‘Interfecto’.


Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo (duvi.uvigo.es), «os doce relatos do libro de Carlos Casares servirán neste 2015 a un grupo de 17 alumnos desta facultade como punto de partida para crear unha miniserie de tres capítulos, de aproximadamente dez minutos de duración, que se rodarán na vila ourensá entre o 22 e o 27 de xuño e que, poucos días despois, se estrearán en pantalla grande no propio CeMAC».


Na actividade tamén participan os estudantes da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, que exercerán como actores.


Unha vez rematada, a miniserie tamén se poderá ver na rede, aínda que Paulino Pérez explica no Duvi que a súa intención é ir este ano máis alá. «A idea é que a historia funcione tamén como un capítulo único, como unha mediametraxe», apunta. «A nosa intención é darlle unha saída fóra de Internet, levándoa, por exemplo, aos institutos, aproveitando que se trata dunha adaptación dunha obra que se le en Secundaria», indica o responsable deste proxecto, que conta tamén co apoio da Universidade para a súa distribución e difusión.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE