#Claves de la semana
CORUÑA DO 15 A 17 DE MARZO

Traballo promoverá o cooperativismo no Fórum Gastronómico da Coruña

O Consello Galego de Cooperativas contará cun posto propio neste evento a partir do día 15


|

10358131_10155085701405055_955122142062966402_n.jpg

Flavio Morganti

Santiago, 12 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas, estará presente no Fórum Gastronómico que terá lugar en ExpoCoruña, entre os días 15 e 17 de marzo. A participación desenvolverase a través dun posto propio onde se informará das potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego.


Encargaranse de presentar unha selección dos seus mellores produtos as seguintes entidades cooperativas: Biocoop (carne de tenreira ecolóxica); Monte Cabalar (carne de poldro, chourizo de "porco celta"); Campo Capela (requeixo, queixo e manteiga); Condado Paradanta (queixo e mel); Jesús Nazareno (viño); Adegas Eidosela (viño); Viña Moraima (viño); Virxe das Viñas (viño); Granxa O Cancelo (leite e xeados); Vicogalo (galo celta, pularda celta e ovos); Frugal (froitas deshidratadas); Milhulloa (grelos deshidratados, especias); Pulponor (polbo de lonxa); O Canto da Balea (peixe e marisco) e Artesáns da Pesca (pesca do día).


O cociñeiro Flavio Morganti e a comentarista Sole Felloza amosarán a riqueza gastronómica dos produtos destas entidades dende a filosofía dunha cooperativa. Farano a través dun menú degustación que terá lugar o martes 17 ás 12,30 horas, no que se enxalzará a calidade do produto cooperativo mantendo a base da tradición, pero achegando un punto de innovación.


Neste menú, poderanse degustar pratos como o ourizo de manteiga con tosta de pan negro, chourizo de porco celta e straccitaella de grelos con caldo e ovos de galo celta de Mos; lomiño de xurel de anzol e polbo da costa con patacas e finas herbas da Ulloa; pancha en tempura crocante fina con maionesa de curry; hamburguesiña de tenreira galega con concentración de mencía e cebola agridoce; xeado artesá e escumoso de requeixo con pera, mazá e piña deshidratada e mel; e viños brancos e tintos con denominación de orixe.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE