#Claves de la semana

"Fracaso colectivo": Diputada de En Marea se marcha y el grupo parlamentario explota definitivamente

Descanse en paz En Marea. La confluencia escribe el penúltimo capítulo de su agonía. Villares y tres diputados afines, minoría en el Parlamento, se van al Grupo Mixto. Flora Miranda anuncia su próxima marcha para evitar tomar partido entre los dos bandos y recnociendo el "fracaso colectivo".

Es el penúltimo capítulo de la muerte de En Marea, porque aún quedan las respuestas de los reproches lanzados hoy por Villares a la mayoría de Podemos Galicia, Esquerda Unida y parte de ANOVA; que probablemente se reagruparán bajo la marca "Galicia en Común", que ya usaron en las elecciones generales.


|

Descanse en paz En Marea. La confluencia escribe el penúltimo capítulo de su agonía. Villares y tres diputados afines, minoría en el Parlamento, se van al Grupo Mixto. Flora Miranda anuncia su próxima marcha para evitar tomar partido entre los dos bandos y recnociendo el "fracaso colectivo". 

Es el penúltimo capítulo de la muerte de En Marea, porque aún quedan las respuestas de los reproches lanzados hoy por Villares a la mayoría de Podemos Galicia, Esquerda Unida y parte de ANOVA; que probablemente se reagruparán bajo la marca "Galicia en Común", que ya usaron en las elecciones generales.


En Marea critica que el PAC de Vigo se haya quedado con un médico menos este fin de semana por un traslado improvisadoFlora Miranda


La diputada de En Marea Flora Miranda ha anunciado que dejará su acta en el Parlamento de Galicia cuando finalice el período de sesiones. Esta decisión se debe a la fractura del grupo parlamentario, anunciada este jueves por el hasta ahora portavoz, Luís Villares, que se va al mixto junto con sus tres diputados afines (Paula Vázquez Verao, Pancho Casal y Davide Rodríguez".


VILLARES ANUNCIA UN "PROYECTO RENOVADO"

El hasta ahora portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, y sus tres diputados afines (Paula Vázquez Verao, Pancho Casal y Davide Rodríguez) han anunciado que abandonan el grupo del partido instrumental en la Cámara gallega y se pasarán al mixto a consecuencia de sus desavenencias con el resto de parlamentarios. 


Unnamed (3)

Rueda de prensa de los villaristas 


Lo ha hecho en una rueda de prensa esta tarde en Santiago, en la que leyó una intervención que se pude consultar completa al final de esta noticia. Villares ha adelandato la intención de su grupo de lanzar un "proyecto renovado".


MIRANDA SIN TAPUJOS: "EL FRACASO ES COLECTIVO"
Lo ha desvelado a través de su perfil en la red social Facebook publlicado poco más de una hora después de que el portavoz de En Marea, Luís Villares, desvelase que tanto él como otros tres diputados se irán al grupo mixto de la Cámara autonómica. "El fracaso es colectivo", dice Miranda en su mensaje.

En este contexto, Flora Miranda ha indicado que ya no estará en el Parlamento en el nuevo período de sesiones --previsto para el mes de septiembre-- debido a la "quiebra de un proyecto político por el que apostó y en el que estaba dispuesta a trabajar".

"Un proyecto que superase minifundios con altura, responsabilidad y madurez para trabajar por la/con la gente. Entiendo que no procede la toma de posiciones, dado el contexto", lamenta en su perfil de Facebook.

MENOS DE UN AÑO EN EL PARLAMENTO
Ante este fracaso "colectivo", según sus palabras, Miranda se reincorporará como médico de Atención Primaria a su consulta en el centro de salud de A Estrada (Pontevedra), donde ejercía antes de acceder al Parlamento en septiembre de 2018, en sustitución de Magdalena Barahona.

Cuando se materialice la marcha de esta diputada, que ocupaba el número seis por A Coruña, la lista corre hasta el número siete de la candidatura de En Marea en 2016, que corresponde a Xan Xove, de Marea Atlántica.

De no hacerlo, el escaño correspondería a la número ocho de la lista, Mariló Candedo, quien era precisamente la candidata de la dirección de En Marea para ser senadora por designación autonómica, una elección que ha propiciado la ruptura del grupo de En Marea, fracturada 'de facto' desde hace más de un año entre partidarios de Villares y críticos.

El nombre propuesto por los críticos con Villares fue el del exconcejal herculino José Manuel Sande, elegido en una votación telemática en la que Flora Miranda fue la única que apostó por Mariló Candedo.

AL MARGEN DE LOS DOS BANDOS
Miranda había permanecido de perfil en la guerra interna del grupo durante los diez meses que ha permanecido en la Cámara, no posicionándonse del lado de ninguno de los dos bandos que ha terminado por separarse tras el paso dado por Villares y sus afines. 

Intervención de Luís Villares na rolda de prensa na que anunciou o pase ao grupo mixto
Santiago, 20 de xuño de 2019.-
Boas tardes a todas.
Ás veces en política, como na vida, cómpre tomar decisións difíciles para seguir avanzando, para defender uns compromisos e sacar adiante uns ideais.
O nacemento en 2016. Unha marea galega: unión de persoas en Galicia e alianzas estatais.
En Marea, como proxecto político de unidade popular baseado na coalición de persoas e non de partidos, foi unha aposta novidosa na vida política galega en 2016, que recibiu un importante apoio cidadán que a levou a converterse na segunda forza política de Galicia.
Este éxito estaba baseado na idea de crear un espazo político común de base cidadanista e non partidaria, que permitise que xente procedente de tradicións políticas moi diferentes compartir traballo por uns ideais e un programa común baseado na xustiza social, a radicalidade democrática e a defensa dos intereses nacionais de Galicia.
Este proxecto mirábase na experiencia exitosa do traballo cidadán feito no campo local, e constituíuse a semellanza das mareas municipais. A gran marea galega do 2016 pretendía ser unha marea municipal de dimensión nacional, tendo por veciñanza a cidadanía de Galicia.
A falta de xenerosidade dos partidos. As persoas independentes, simples convidadas de pedra.
O éxito das mareas municipais baseouse en deixar atrás as sopas de siglas, adoptando nomes unitarios para proxectos unitarios, baseados nun programa de mínimos, de emerxencia cidadá, moi transversal e centrado nas necesidades máis urxentes dos peor tratados pola crise.
Isto supuxo a perda de poder político local dos partidos a favor das mareas, e non estaban dispostos a permitir que iso sucedese a nivel galego. Por iso, en canto os aparatos dos partidos percibiron a ameaza que para a súa propia supervivencia supuña un espazo cidadán organizado decidiron que ou ben o colonizaban ou ben o destruían.
O papel dominante de Podemos na destrución das mareas e de EM.
A forza que marca o camiño da destrución da Marea como espazo de confluencia cidadá é Podemos, nunha estratexia enmarcada nas súas teses do Congreso de Vista Alegre II (primavera de 2017), baseada en dúas premisas:
Podemos debe construír unha organización estatal única e
Podemos debe radicalizar o seu discurso abandonando a súa transversalidade social inicial.
A implantación das teses de Iglesias no campo ideolóxico levouse a cabo durante 2017 e supuxo unha importante purga de persoas diversas que daban conta da súa pluralidade inicial. A partir dese momento na Marea comezamos a ter conflitos de discurso que tratamos de evitar airear sempre que puidemos, pero que nos foron arrastrando, sobre todo no simbólico, a posicións que non eran as que EM quería defender. Exemplo disto foron:
A posta en cuestión da nosa ética colectiva, como o respaldo a unha deputada que empregou indebidamente a súa credencial nun incidente policial, que foi amparada no GP simplemente por ter o carné de Podemos;
Ou en relación á defensa que eu fixen da independencia xudicial da asociación xuíces para a democracia, que me valeu no seu día as presións e o reproche do propio Iglesias.
Rematada a purga ideolóxica comezou a imposición dun modelo vertical e unitario de organización que levou a Iglesias a tentar facerse co control de EM, algo que tentou en varios plenarios sen conseguilo, razón pola cal optou directamente por destruír a confluencia e formular un proxecto alternativo, baseado unicamente nos partidos e non nas persoas, é dicir, a antítese das mareas. Exemplo disto foron os plenarios de 2017 e 2018, o amordazamento do GP estatal e mesmo o intento de alteración do censo nas eleccións internas de 2019. Tamén a rotura da disciplina de voto nunha ocasión en resolución relativa á defensa do autogoberno de Galicia.
Neste contexto, e non revelei isto ata agora, pero cando a principios de 2018 se produce esta situación, eu mesmo encabecei unha comisión que pretendeu negociar a posición do GP de EM no Congreso, que só recibiu negativas por parte de Iglesias e de Echenique, que se negaron a cumprir os acordos asinados como coalición no ano 2015, e que tiveron o aval explícito de gomez Reino e Díaz.
Nese momento deberíamos ter denunciado publicamente esta situación e ter marchado ao grupo mixto. Pero aguantamos e logo foi posto en cuestión o noso compromiso programático electoral, cando nos Orzamentos xerais do Estado os deputados de Podemos, co inexplicable seguidismo deos de Anova, apoiaron unha proposta infame en canto aos investimentos para Galicia.
Non nos fomos no seu día e pido perdón en nome de EM ao electorado por non telo feito naquela altura. Porque iso nos tería permitido explicar e defender unha axenda política galega que dese modo quedou totalmente amordazada polo centralismo podemita.
Non o fixemos para gardar a casa DA UNIDADE, pensando que a unidade era un valro moral da política en si mesmo. Pero a unidade sen lealdade aos principios comúns, aos pactos firmados, non vale para nada.
En nome da unidade calamos e aturamos o que non tiñamos que calar. E o peor de todo, que por tentar manter a unidade, algúns calamos cando outros se dedicaron de forma desleal a dinamitar o proxecto común. A unidade sen lealdade non vale para nada.
NON NOS RESIGNAMOS.
Pois ben, debe quedar claro que En Marea non é propiedade de Podemos.
non nos resignamos a deixarnos devorar por Podemos.
A realidade política do Grupo parlamentario galego.
O GP de EM quería representar o proxecto político que se presentou ás eleccións en 2016, cun programa electoral, unha organización e uns compromisos políticos e cidadáns.
Pero actualmente, e dende hai tempo, por todas estas causas, o GP xa non cumpre esta función.
A chamada esta fin de semana pasada do Secretario Xeral de Podemos Galicia a DESOÍR unha decisión lexítima e democrática adoptada pola dirección de En Marea, en relación a unha proposta de designación de senadora, foi xa a pinga que fixo rebordar o vaso.
Un dirixente dunha organización política indicándolle a uns deputados escollidos por outra organización o que teñen que facer é algo que ningunha organización política soberana pode aceptar.
Podemos é moi libre de lanzar un proxecto político en Galicia diferente ao de En Marea, só ou na compaña que escolla.
O que non é lexítimo é SUPLANTAR a vontade electoral das galegas e galegos decidida nas urnas en 2016. En 2016 a xente escolleu En Marea, o seu programa, os seus contidos, a súa organización e as súas siglas. A xente que foi candidata asinou UNS ACORDOS de respectar estes compromisos. En consecuencia, a vontade electoral descansa no proxecto de EM, non no de Podemos.
Ao longo dos últimos días puidemos comprobar a falta de vontade deste grupo de deputados de actuar conforme os compromisos adquiridos en 2016, que eran os que fundamentaban a existencia do Grupo Parlamentario de En Marea.
Por iso, a solución lóxica era que eses deputados/as renunciasen ás súas actas ou polo menos, abandonasen o grupo parlamentario que leva o nome da organización á que din non representar.
Nada disto sucedeu. E non é previsible que suceda.
A nova realidade política: Dúas forzas soberanas.
Pero non sexamos inocentes e asumamos a realidade política imposta por Podemos, coa complicidade seguidista da dirección de Anova:
Sabíamos que dentro do GP coexistían varias sensibilidades, que tiñan unhas normas de convivencia, que marcaban os estatutos de En Marea. Isto xa non é así. Agora existen dúas realidades partidarias, a daquelas deputadas leais ao mandato de EM e aquelas que obedecen as consignas dunha organización diferente: Podemos.
Quedamos pois convertidos en representantes políticos de 2 forzas políticas soberanas: EM e Podemos (calquera que sexa o seu nome).
E entre forzas políticas independentes as relacións teñen que ser de igualdade, e non de subordinación. Só hai un instrumento de relación entre forzas independentes: o pacto entre iguais: o consenso. E o consenso foi tamén o que buscamos nas últimas semanas facendo propostas que desbloqueasen a designación de senador, en numerosas xuntanzas e propostas, que foron finalmente infructuosas, pois se pretendeu resolver con regras de maioría o que só pode resolverse por regras de consenso, cando de forzas independentes e soberanas se trata. Non agardamos xa que as deputadas e deputados que profesan obediencia a Podemos ou lle fan seguidismo acaten o mandato e o programa dunha organización que non consideran súa, como en Marea.
O FUTURO.
En consecuencia, a única actuación posible das deputadas e deputados leais ao proxecto político de 2016, o proxecto cidadán co que nos presentamos ás eleccións, é a constitución dun espazo de traballo institucional propio no Parlamento de Galicia, para poder desenvolver a nosa estratexia política de acción institucional de forma SOBERANA, e sometida unicamente aos ditados das persoas inscritas e orientadas ao cumprimento do seu programa electoral, algo que ata agora e de forma crecente nos últimos tempos, non se puido levar a termo.
Anunciamos pois, que estes catro deputados e deputada abandonamos un Grupo Parlamentario que xa non representa a En Marea, senón a Podemos e aqueles que deciden seguir os seus ditados para lanzar un proxecto RENOVADO, que recupere a ilusión perdida durante estes anos polas leas internas e que sexa unha das voces plurais da esperanza.
Unha das voces. Recoñecemos a pluralidade da sociedade galega. Queremos representar humildemente un proxecto político no que se poda sentir integrada unha parte da cidadanía, que se di galega e PROGRESISTA. Recoñecemos que hai moitas maneiras de sentirse galega e progresista.
A nosa voz política, que estamos afinando no proceso de reflexión que culminará no mes de xullo co lanzamento dun proxecto renovado para o vindeiro curso político, componse da seguinte polifonía:
Unha coralidade republicana e progresista ampla, baseada nos seguintes valores:
Feminismo
Ecoloxismo
Xustiza social
lgualdade
liberdade
e apoiada nos movementos sociais e a sociedade civil de Galicia.
Unha idea nacional inclusiva. Sentímonos galegas e galegos de razón, de corazón e de nación. E compartimos ese sentimento con toda a xente que vive e quere facer a súa vida en Galicia ou para quen sen vivir aquí, Galicia forma parte da súa vida. Unha idea que teña un correlativo político: Un soberanismo democrático onde a cidadanía galega sexa o espazo de decisión.
Un compromiso democrático inquebrantable. Queremos que a cidadanía sexa protagonista política e económica da súa vida, e que dean sempre o seu consentimento informado ás decisións políticas que lles afectan.
Unha actitude política amable, baseada nos coidados. Estamos en política para propoñer solucións e mellorar a calidade de vida da xente. E para iso non fai falta estar enfadados nin caer en estridencias Xa abondou de enfados, de discusións e de leas.
Cando alguén vén cunha solución, vén cun sorriso. E aquí está esta nova marea, que con humildade pero con determinación, abre un novo ciclo institucional cun sorriso á democracia social no noso País.

relacionada Villares y sus tres diputados afines rompen con el grupo de En Marea y se pasarán al mixto
relacionada Sánchez (Anova) pide diálogo a Villares para salvar la probable ruptura del grupo parlamentario En Marea
relacionada El Parlamento elegirá el próximo martes a los 3 senadores por designación y el PP revelará este viernes sus 2 candidatos
relacionada El canto del cisne de En Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE