O proxecto solidario Vidas Entrecruzadas é unha iniciativa de Xosé Lois Carreira e Iñaki Aranzabal que durante o ano 2014 e comezos do 2015 levou ao Museo Municipal de Ourense unha selección de pezas artísticas acompañadas de textos.
A iniciativa tiña ademais un fin solidario, xa que a obra que se amosaba cada mes subastábase despois para destinar a recadación á organización Médicos sen Fronteiras.