Kentaro é un lince ibérico que naceu en catividade en 2014, no seo do programa de reintroducción Life+IBERLINCE, un proxecto levado a cabo entre España e Portugal para a recuperación e coidado desta especie. Cando estivo listo, foi ceibado nos Montes de Toledo e, desde entón, ten andado más de 2.400 kilómetros. E agora anda xa polos montes de Ourense.