#Claves de la semana

​O presidente do Cluster TIC Galicia sostén que R "é a única responsable" da avaría "masiva"

Afirma que a causa do fallo foi que "moitos móbiles quixeron rexistrarse ao mesmo tempo" e "esa avalancha de rexistros colapsou o sistema".


|

Delcorralclusterticgalicia


O presidente do Cluster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, mantivo que a compañía R "é a única responsable" da avaría "masiva" que afectou os seus usuarios de móbil principalmente entre os días 23 e 24 de decembro, e "terá que facer fronte ás indemnizacións".


Así se pronunciou ao ser preguntado por este tema durante unha entrevista concedida á Radio Galega, na que explicou que a causa do fallo foi que "moitos móbiles quixeron rexistrarse ao mesmo tempo" e "esa avalancha de rexistros colapsou o sistema".


R comunicou esta semana que compensará na factura de xaneiro cinco veces o tempo da duración da avaría dos seus usuarios e asegurou que "a causa da incidencia" debeuse a "un aumento desproporcionado do tráfico de SMS dirixidos a clientes de R como consecuencia dun envío masivo de mensaxes do operador Vodafone".


Con todo, Vodafone saíu ao paso das "graves, inxustificadas e irresponsables acusacións" de R, e dixo "ter a firme convicción de que nada ten que ver con esta incidencia", pois o envío de SMS cursados desde a rede de Vodafone á rede de R "non é significativo".


FUTURO DAS TIC


Noutra orde de asuntos, o presidente do cluster mantivo que o futuro das empresas en Galicia "pasa por unha maior especialización" e, concretamente no ámbito TIC, apuntou a tres alicerces básicos, como son a intelixencia artificial, o goberno intelixente e un maior uso da internet.


Así mesmo, tras reparar no cambio que viviu o sector nos últimos anos "grazas ás novas tecnoloxías", subliñou que "a clave está en que as empresas especializadas xúntense para facer algo diferente cando chegan grandes contratos".


Neste marco, reclamou ás administracións "que tomen conciencia" de que as TIC "son o futuro de Galicia". "Imos máis atrasados que outros puntos de Europa, pero hai que meterse na cabeza o poder das TIC", remarcou, antes de animar aos mozos para estudar comunicación e informática.

relacionada ​Unha avaría "masiva" deixa sen servizo a clientes de R durante horas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE