#Claves de la semana

​En Marea abre o censo para participar no proceso de renovación da súa dirección

A través da nova páxina web, a xente que xa participou no proceso de agosto terá que ratificar a súa información e o resto, introducir os seus datos.


|

Enmareacamaraautonomica


En Marea presentou este venres unha nova páxina web --medrando.enmarea.gal-- a través da que abre á cidadanía o censo que permitirá participar no proceso de renovación dos órganos de dirección así como na aprobación das súas posicións políticas.


Na rolda de prensa de lanzamento deste "proceso de participación" e na que estivo acompañado da membro da coordinadora María José Bóveda, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, explicou que por "razóns de legalidade" débese elaborar este "novo censo" que será "estable e definitivo" e ao que poderá ir sumándose a cidadanía.


"Traemos unha ferramenta que quere ser participativa, desenvolvemos unha aplicación informática propia, nun sistema de soporte multifunción para que todo o mundo que queira participar poida facelo desde a súa casa e desde este mesmo momento", destacou Villares.


Segundo indicou, desde este venres o censo xa estará aberto. Nel, a xente que xa participou no proceso de agosto terá que ratificar a súa información persoal para quedar inscrita; mentres que o resto de interesados que accedan por primeira vez terá que introducir os seus datos.


PLENARIO E DOCUMENTOS


Deste xeito, conforme explicou, unha vez inscrita, cada persoa "adquire todos os dereitos" como membro do proceso de En Marea e poderá facer emendas tamén aos documentos referidos ao regulamento de participación interna e o de carácter político que debaterá a formación nun plenario que terá lugar o vindeiro sábado, día 17 de decembro.


Precisamente, Villares explicou que, ao longo desta xornada, o partido instrumental publicará a través da súa nova páxina web estes dous textos, que serán os que propón a coordinadora e aos que os inscritos poderán facer emendas.


Así, unha vez recollidas as emendas, no plenario do sábado 17 está previsto que se debatan tanto os documentos orixinais como as achegas recibidas para aprobar os textos finais que marcarán o rumbo da organización no arranque do seu proceso de renovación.

relacionada En Marea ten acordado "desde hai tempo" o límite de salario dos deputados
relacionada Rueda suxire que PSdeG e En Marea decidan "primeiro" os seus líderes
Última hora

3 Comentarios

1

* Realmente pon "afiliado" de acordo coa lexislación de partidos políticos, a cal non permite a doble afiliación ou militancia.

escrito por Selecta 10/dic/16    21:33
2

* Realmente pon "afiliado" de acordo coa lexislación de partidos políticos, a cal non permite a doble afiliación ou militancia.

escrito por Selecta 10/dic/16    21:33
3

* No podo ser "militante" de EnMarea por tanto non participarei nela, sí en Marea Atlántica. Non permite ser "Simpatizante"

escrito por Selecta 10/dic/16    21:28

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE