#Claves de la semana

​Caballero denuncia o "boicot da Xunta" ao aparcadoiro gratuíto do Álvaro Cunqueiro

O rexedor de Vigo lembrou que xunto ao hospital hai un terreo da Xunta cualificado de aparcadoiro que a Xunta "non quere" habilitar. 


|

Abelcaballerovigo


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou o atraso e "boicot absoluto" por parte da Xunta á construción do aparcadoiro gratuíto na contorna do Hospital Álvaro Cunqueiro, e acusoulle de pensar só en "que a xente de Vigo e a área pague aparcadoiro ou multas".


"É obvio que non quere que haxa un aparcadoiro gratuíto", remarcou o rexedor, que xustificou estas palabras en que o Concello pediu un permiso a Augas de Galicia e, aínda que o informe "foi asinado o 24 de agosto, non foi remitido ata o 4 de outubro". "Estivo parado case mes e medio nun caixón para atrasar a obra", apostilou.


BOICOT DA XUNTA


Ademais, lembrou que xunto ao hospital hai un terreo da Xunta cualificado de aparcadoiro que o Goberno galego podería habilitar "mañá mesmo" pero "non quere", polo que considerou que isto "pon de relevo o boicot da Xunta a esta cidade obrigando aos cidadáns a que paguen aparcadoiro cando poderían ter un gratuíto".


"O que fan é atrasalo, pero vai haber; xa está nos orzamentos, ten dotación e haberá 450 prazas gratuítas para os cidadáns de Vigo", incidiu Caballero, que tamén criticou que "a entrada dos traballadores regulada pola Xunta sigue sendo un desastre".


USO EXCLUSIVO DE VIGO


Cuestionado pola súa intención de limitar o novo aparcadoiro municipal para uso exclusivo dos habitantes de Vigo, apuntou que aos da área metropolitana "teraos que atender a Xunta, que é a que ten que poñer os aparcadoiros gratuítos". "A Xunta deberá ser a que arbitre solucións, e tamén a área Metropolitana", recoñeceu.


Con todo, indicou que ve máis a función da área "esixindo á Xunta que poña os aparcadoiros gratis" porque non todos os concellos teñen "capacidade financeira para facer fronte ao pago dun aparcadoiro gratuíto que está obrigado a poñer a Xunta". Por iso, dixo que na primeira reunión da área propoñerá esixir "aparcadoiros gratuítos no hospital".


XESTIÓN DA AP-9


Noutra orde de asuntos, no relativo a que o Goberno central vaia a "compartir" a xestión da AP-9 coa Xunta --aínda que manterá a titularidade--, Caballero comentou que lle dá "exactamente igual" o modelo de xestión, pois o que lle importa é "que baixen as peaxes" e que a Xunta faga os accesos desde a Avenida de Buenos Aires.


Así, sobre os accesos lembrou que o tramo desde Buenos Aires ata o centro de Vigo "xa está libre de peaxe" e, por tanto, facelo urbano "non mingua nin un euro os ingresos da autoestrada". "Instei á Xunta a que contemplase unha partida e, se agora hai xestión mixta, moita máis razón para que habilite rapidamente unha partida para facer eses accesos", concluíu.

relacionada Pontón acusa a Feijóo de romper a "unidade" dos partidos a respecto da AP-9
relacionada ​Fomento acorda coa Xunta a xestión compartida da AP-9 para enfriar a demanda do traspaso
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE