#Claves de la semana

​Familiares de pacientes con dano cerebral dispoñerán dun piso próximo ao CHUS

A asociación Sarela faise cargo dos gastos. Os coidadores poden residir nel ata que o paciente pase a planta.


|

DanocerebralCHUS


A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (XXI) e a asociación Sarela puxeron a disposición de familiares e coidadores de pacientes que sufran dano cerebral adquirido un piso no que poden residir de forma gratuíta ata que a súa ser querido abandone a unidade de críticos.


Esta iniciativa dérona a coñecer este martes o xerente da XXI de Santiago, Luís Verde, e o secretario da asociación, Luciano Fernández, e explicaron que o obxectivo é facilitar ás persoas que acoden desde outros puntos da xeografía galega que poidan estar preto dos seus familiares hospitalizados.


Supón "un espazo para descansar, cambiarse e ter algo de intimidade", en palabras de Luciano Fernández, pois as familias só teñen acceso aos pacientes na unidade de críticos en dous momentos puntuais do día. Pasar o resto do tempo na sala de espera é "moi duro", agregou.


"Cremos que pode ser útil", destacou, en liña con accións similares postas en marcha por outro tipo de entidades, tras concretar que este piso ten tres habitacións e que se atopa a apenas un quilómetro do centro hospitalario.


TEMPO LIMITADO


Para favorecer o acceso de distintas familias, o tempo de estancia neste piso --de cuxos gastos se fai cargo a asociación Sarela-- márcao a situación do paciente: ata que abandone a área de críticos e sexa enviado a planta.


O inmoble está listo "xa" para ser ocupado, como indicou Luciano Fernández, quen indicou que estivo a piques de facilitarse á familia dun peregrino canadense que finalmente foi trasladado.


Segundo os datos da asociación Sarela, en Galicia hai actualmente 35.000 persoas afectadas por dano cerebral adquirido. Os seus principais causantes son un ictus, un tumor cerebral, accidentes de tráfico e caídas ou golpes.

relacionada Las administraciones no ofrecen servicios básicos a las personas afectadas por daño cerebral adquirido
relacionada ​Distinguen a un médico vigués polos seus traballos sobre rehabilitación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE