#Claves de la semana

​A zona vella de Santiago non abrirá novos aloxamentos en dous anos

O Concello pretende "fomentar o uso residencial" para que siga sendo "unha zona viva da cidade". O sector hoteleiro está de acordo.


|

Ruavilarsantiago


O Concello de Santiago suspende a concesión de licenzas para novos establecementos hoteleiros na zona vella compostelá por un período que pode chegar aos dous anos. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade compareceu hoxe en rolda de prensa para explicar a modificación puntual do Plan Especial da Cidade Histórica que foi aprobada inicialmente na Xunta de Goberno do pasado venres. Jorge Duarte explicou que o obxectivo último do cambio é "frear a proliferación de establecementos de hotelería, nas súas diferentes tipoloxías, e fomentar o uso residencial da zona vella de Compostela".


A modificación aprobada inicialmente, e que agora terá que ser informada tanto pola Dirección Xeral de Patrimonio como pola Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta, decreta automaticamente a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas para a autorización de novos establecementos hoteleiros, aloxamentos e vivendas turísticas e actividades de residencial comunitario (non universitario). Trátase de usos que ata o de agora eran compatibles co residencial, considerado prioritario no ámbito do Plan Especial. Na práctica, prolóngase no tempo a moratoria que xa estaba vixente desde decembro de 2015.


Jorge Duarte explicou que esta suspensión se poderá manter por un período máximo de dous anos, tal e como se recolle na Lei do Solo de Galicia. O concelleiro apuntou que, neste prazo, "o Concello deberá ter aprobado o novo Plan Especial da Cidade Histórica, do que xa hai un borrador que están analizando os técnicos, e un Plan de Xestión que diga cales son os usos autorizables en cada zona da cidade e en cada tipoloxía de edificación".


CIDADE HISTÓRICA VIVA


O edil de Espazos Cidadáns sinalou que o obxectivo do Plan Especial debe ser "garantir que a cidade histórica siga sendo unha zona viva da cidade, e non unha sucesión de establecementos hoteleiros". Jorge Duarte apuntou que "o sector coincide na diagnose de que hai un exceso de oferta, que leva a que durante gran parte do ano teñan que pechar habitacións, e que os establecementos non poidan xerar empregos de calidade".


Ademais, o concelleiro apuntou que o Concello debe avogar por "frear a especulación na zona vella, porque é evidente que hai edificios á venda que polo seu alto prezo poderían ser adquiridos para darlle un uso hoteleiro, pero non residencial". O resultado, advertiu, está a ser a perda de poboación da cidade histórica "un 10% nos últimos dez anos". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE