#Claves de la semana

​Cinco detidos nunha operación contra o narcotráfico nas catro provincias galegas

Os axentes destacaron o 'modus operandi' dos sospeitosos, con "pases" de droga mentres conducían, aproveitando mesmo as paradas nos semáforos.


|

Cocainadrogadecomiso


Un total de cinco persoas, de entre 23 e 43 anos e nacionalidade española, foron detidas pola Garda Civil de Lugo acusadas de distribuír droga por toda a xeografía galega.


Estas actuacións producíronse no marco da operación 'Amizade', unha investigación iniciada no principio do ano tras detectarse 300 gramos de cocaína ocultos nun vehículo no sur de Pontevedra, ocupado por dúas persoas, e que se dirixía ao Barco de Valdeorras.


Estas dúas detencións iniciaron diferentes liñas de investigación tanto nas catro provincias galegas como en León.


"IMPUNIDADE E DESCARO"


Os axentes destacaron "a impunidade e o descaro" coa que actuaban algúns dos sospeitosos, e documentaron "pases" de pequenas cantidades de droga mentres circulaban no seu vehículo aproveitando, mesmo, as paradas nos semáforos.


Un deles, principal detido que ingresou en prisión provisional, realizaba as tarefas de transporte e distribución, con vendas que variaban desde doses soltas a cantidades importantes de droga.


Tras perfilarse todos os detalles da operación e os implicados, os axentes realizaron o resto de detencións e rexistros, estes últimos centrados en Ourense e Pontevedra con case oito quilos e medio de cocaína e de heroína intervidas, grandes cantidades de diñeiro en efectivo e armas de fogo.


A investigación estivo dirixida polo Xulgado de Instrución nº 1 de Monforte de Lemos (Lugo), desenvolvida por Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo e as Comandancias de Ourense e Pontevedra.

relacionada La Guardia Civil desmantela un punto de distribución de heroína en Baiona
relacionada Alerta ante el aumento de adicciones al juego online entre los jóvenes
relacionada ​Aclad alerta dun repunte na atención a pacientes con adicción á heroína
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE