Dez únicos intentos para acceder ao móbil de Diana Quer
Os investigadores necesitan entrar á memoria do teléfono para ler os últimos whatsapps da moza.
Os investigadores que traballan para resolver a desaparición de Diana Quer están nun punto crítico para avanzar nas súas pescudas. Necesitan reactivar o móbil para acceder aos últimos whatsapps da moza que non se atopan na 'nube' onde a súa iphone gardaba cada certo tempo unha copia de seguridade.
Para iso, só dispoñen de 10 únicos intentos para introducir o código correcto que desbloquee o terminal, pero, polo momento, segundo informa hoxe Telecinco, non foron capaces de dar con el. Se superan ese límite, o teléfono bloquearase para sempre e borrará automaticamente a información que conserve.
Apple, o fabricante do móbil non dispón desa clave, pero si ten a fórmula para eliminar ese límite, que non revela por motivos de máxima seguridade nin en casos como este.
A clave, para os investigadores, está nos whatsapps, toda vez que as chamadas que puideron coñecer non lles deron revelado con quen estivo esa madrugada.
Escribe tu comentario