Os turoperadores birtánicos interésanse por Galicia como destino de turismo activo
A misión comercial do Clúster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres ve posibilidades para novos nichos de mercado.
A segunda misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres concluíu coa apertura de contactos con máis dunha vintena de turoperadores británicos interesados na oferta turística galega.
Diso informou o Clúster a través dun comunicado, no que concretou que son 24 os encontros profesionais que se pecharon e aos que se suman os que os distintos asistentes puideron celebrar pola súa conta.
Entre os distintos nichos de mercado que buscan os turoperadores británicos en Galicia destacan, segundo Turismo de Galicia, o turismo activo e de aventura (con lazos co enogastronómico) e o turismo de luxo e o cultural.
"Hai interese", ademais, en descubrir novas rutas ou experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago máis aló das tradicionais rutas a pé ou en bicicleta. Así mesmo, ábrense posibilidades vinculadas á observación da natureza, co obxectivo de desenvolver 'tours' relacionados coa ornitoloxía.
Escribe tu comentario