Turismo de Galicia participa esta semana na feira máis importante do mercado turístico inglés
Dada a importancia do mercado británico e do evento 'World Travel Market', o posto galego desta edición medra con respecto a outros anos.
Turismo de Galicia promoverá esta semana en Londres a oferta turística galega dentro da World Travel Market (WTM), a principal feira turística do mercado británico.
Trátase dun dos eventos turísticos máis importantes do mundo, xunto coa Bolsa Internacional de Turismo (ITB) de Berlín e a Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid.
Dada a importancia do evento e do mercado británico, Turismo de Galicia aposta por esta feira aumentando nesta edición as dimensións do seu posto en relación a edicións anteriores.
O posto inclúe unha zona para atención de profesionais e tres mostradores destinados á oferta turística galega e ao Camiño de Santiago.
Escribe tu comentario