1.500 persoas examínanse para obter o Celga
Ao redor de 900 persoas preséntanse este sábado para obter o 'Celga 4', e o domingo será a quenda dos que opten ao nivel 2.
Ao redor de 1.500 persoas participarán durante este fin de semana e o próximo nas probas para obter o título Celga, que acredita o coñecemento da lingua galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada (León) durante este fin de semana --no que se realizan os exames do nivel 4 e 2-- e o próximo.
Deste xeito, ao redor de 900 persoas preséntanse este sábado a exame para obter o 'Celga 4', o nivel máis elevado de coñecemento que outorgan as probas. O domingo será a quenda dos que opten ao nivel 2, nunhas probas que se desenvolverán na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Así, o vindeiro sábado 12 e o domingo 13 terán lugar os exames do nivel 3 --co instituto santiagués Antón Fraguas como sede-- e do 1, cuxas probas se desenvolverán nos mesmos lugares que a anterior semana.
O sistema Celga, implantado no ano 2007 e xestionado a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, proporciona "unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames ou manuais en consonancia cos sistemas existentes para o resto dos idiomas de Europa", lembra a Xunta.
Escribe tu comentario